Que é a Mostra?

A

Mostra

Sempre en
semana santa

en Camariñas

Se pensas que a Mostra do Encaixe de Camariñas é só un evento de encaixe, viches pouco mundo, meu! Aquí, cada Semana Santa, a vila énchese de vida, de palilleiras dándolle ritmo aos palillos, de desfiles que deixan a boca aberta e dun ambiente que che envolve coma un pano ben traballado.

O que comezou hai máis de 30 anos como unha forma de darlle o recoñecemento que merecen ás nosas artesás, converteuse nunha auténtica festa do talento, da tradición e da modernidade. Porque aquí o encaixe non é só historia, tamén é futuro, vangarda e innovación. Por iso, deseñadores de renome e promesas da moda veñen cada ano a deixar a súa pegada nunha pasarela onde o fío do pasado e do presente se entrelazan con estilo.

Pero a Mostra é moito máis que encaixe: é emoción, é encontro, é a esencia pura de Camariñas. Se algunha vez pisaches o noso recinto feiral e escoitaches o clic-clac dos palillos nas mans das palilleiras, xa sabes do que falamos. Se aínda non, este é o momento. Ven, mira, sente… e descobre por que aquí, o fío nunca se rompe!

Arrinca a

a Mostra

Cando soa o primeiro aplauso e se corta a cinta inaugural, xa non hai volta atrás: arrinca a Mostra do Encaixe! Cinco días nos que Camariñas se viste de gala para celebrar o mellor da nosa artesanía e moda. A inauguración é o gran pistoletazo de saída, o momento no que palilleiras, deseñadores, visitantes e autoridades se xuntan para dar comezo a esta festa do talento e da tradición. Aquí non hai alfombra vermella, pero temos algo moito mellor: encaixe, paixón e un orgullo que se palpa no ambiente. Se queres sentir a emoción da Mostra dende o minuto un, este é o lugar onde todo comeza!

ven e goza!

Onde hai palillos hai festa

UN espazo cheo de vida na Mostra

Na Mostra do Encaixe hai moda, hai desfiles, hai artesanía… pero hai moito máis! Se pensabas que aquí só se veían modelos e pasarela, prepárate para flipar cos recunchos do noso recinto feiral.

Porque nos pavillóns da Mostra non falta a troula nin a tradición, e cada paso que deas levarate a descubrir algo diferente.

Que é a Mostra?

Aquí atoparás as palilleiras chegadas de toda España, xuntándose para compartir arte e sabedoría co clic-clac dos seus palillos como banda sonora. Se ves algo pequeniño palillando con xeito, son os nenos da Escola de Palillo, garantindo que o futuro do encaixe vén con forza. E se o que che move é o bo comer, prepárate para as degustacións dos produtos do mar da Costa da Morte, porque non todo vai ser mirar: tamén hai que probar!

A Mostra é moito máis que desfiles e encaixe: é tradición, sabor, encontro e vida. Atrévete a percorrer cada pavillón e descubre por que este evento é único no mundo!

Grandes deseñadores

A Mostra é un escaparate de arte e artesanía, de tradición e innovación, de vocación, de paixón, de encontro e amizade. A Mostra é o comezo do meu soño, o fío principal do tecido deste proxecto.

Sara Lage

Deseñadora

Que é a Mostra?

A Mostra é a fusión perfecta entre esa cultura galega tan arraigada que teñen e que representa o encaixe de Camariñas, coas novas artes como é a moda.

Claudina Mata

Deseñadora

Que é a Mostra?
gl_ESGalego
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidade