XXX

Mostra do Encaixe de Camariñas

O Spot da Mostra 2021

transparent-overlay
Reproducir vídeo

Play video

O spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas está protagonizado polo modelo internacional Damián Álvarez e pola actriz da Costa da Morte Tamara Rey. Creado por Diego Alonso e Raul Lorenzo a rodaxe do spot trancorre entre diferentes puntos da Coruña e Camariñas. Participaron no proxecto cáseque 140 persoas entre protagonistas, figurantes e backstage. Unha producción de envergadura para celebrar os 30 anos da Mostra do Encaixe de Camariñas.

Unha producción 100% Costa da Morte

A historia do spot

O spot trata sobre un “celebrity” que, coa axuda da súa parella, anda na procura dun chaqué para asistir a unha exclusiva gala da moda. Despois de percorreren varias tendas de alta costura, os protagonistas non atopan nada que lles convenza e deciden deixar de buscar. 

Para relaxarse e tomar un respiro deciden dar un paseo pola Costa da Morte recalando finalmente en Camariñas. Na súa visita achéganse, como non podía ser doutro xeito, os lugares de Vilán, Trece e Monte Branco. Dando unha volta polo porto, deciden comer nun restaurante do concello. É alí onde descobren en internet o Museo do Encaixe. Aló se dirixen finalmente para coñecer de que se trata. Percorren xuntos toda a exposición maravillados do que as palilleiras de Camariñas son capaces de crear. Cando están a punto de rematar a visita, atopan o chaqué adecuado que o noso protagonista lucirá nesa gala tan importante na que estaba citado. Un completo traxe de home que, a diferencia co resto dos vestidos, luce uns impresionantes e únicos detalles propios de Camariñas.

A continuación vese o protagonista saíndo dun luxoso coche na alfombra vermella do evento e rodeado de decenas de admiradores que quedan impresionados co traxe provinte de Camariñas con eses detalles de encaixe que o seu ídolo luce na gala da moda.

Horas de grabacións
0
Participantes
0
Localizacións
0
Días de edición
0

álvarez

damián

O Top Model da Costa da Morte

Despois de percorrer medio mundo para traballar nas campañas publicitarias de compañías da importancia de Guess, Versace, Armani, Dolce&Gabbana, Lamborghini, Amdrea Versali, McDonalds, Stradivarius… Damián volve á súa terra da Costa da Morte para participar no spot do evento encaixeiro máis importante do mundo: A Mostra do Encaixe de Camariñas.

damian-alvarez-1-1
tamara-rey-spot-mostra-encaixe

rey

tamara

A Instagramer dos mil tattoos

Unha das instagramers con máis influencia da Costa da Morte. Tamara vive e traballa actualmente na Coruña pero sempre que pode non deixa de visitar a súa querida terriña. Este é o primeiro traballo cinematográfico desta rapaza todo talento.

Como se fixo o spot

Making Off

Neste video podes ver como se fixo o spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. Dende os lugares e localizacións nos que se grabou ata as persoas que participaron na grabación

damian-tamara-spot-xxx-mostra
Reproducir vídeo
A pregunta do millón...

¿E o Encaixe de Camariñas?

Os detalles que fan único o elegante traxe do noso protagonista son os complementos feitos a man por unha palilleira. Os xemelgos, a paxariña, o faxín e os zapatos están decorados cun tipo de encaixe propio de Camariñas que se denomina popularmente na Vila das Palilleiras como “O Acordeón”

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad