Xesús Búa, Icía Varela e Xosé Manuel Varela inauguran as presentacións literarias da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

O fotoxornalista muxián presentou ‘Homes e Mulleres de Sal e Ferro’. Icía Varela e Xosé Manuel Varela presentaron ‘Cantareiras’.

A XXXVI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu hoxe as dúas primeiras presentacións literarias das seis que se celebrarán durante o evento. Xesús Búa, Icía Varela e Xosé Manuel Varela foron os encargados de estrear hoxe, xoves 17 de abril, esta programación literaria.

O fotorxonalista Xesús Búa presentou ‘Homes e Mulleres de Sal e Ferro’, unha publicación que describe a xornada completa de traballo dos percebeiros e percebeiras de Camariñas e Muxía, en plena da Costa da Morte.

Seguiron a pandereteira Icía Varela e o especialista Xosé Manuel Varela coa súa publicación ‘Cantareiras’, un percorrido polo legado da música e a poesía popular, a tradición das pandeireteiras.

Josefina Campaña e Xan Fernández o venres

Pola súa banda, o venres 18 de abril, ás 12:00 horas, será o turno para Josefina Campaña e o seu libro ‘De niña artesana a mujer’. De seguido, ás 12:20 horas, fará o propio Xan Fernández coa guía ‘Camariñas, un mar de encaixe’, un acto presentado polo comunicador Marcial Mouzo.

O sábado 19,  ás 11:40 horas, Alfonso de Sas presentará unha nova edición de ‘El Cementerio de los Ingleses’. Por último, o mesmo sábado, ás 12 horas, a fotoxornalista Ana García presentará a súa publicación ‘Mar de Ardora, Mar de Galicia’, un compendio de fermosas imaxes sobre a maxia que pode crear a bioluminiscencia mariña.

Estas presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXIII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.