Uxía Loureiro convértese na gañadora do XXIX concurso de Noveis Deseñadores coa colección A Orixe

Tecer, de Fabiola Santos Baña, acadou o segundo posto do certame, mentres que F.37, de Sofía Sánchez Rey e Santiago Iglesias Alonso, quedou en terceiro lugar. O novo premio á colección máis comercial recaeu nas mans de Inmaculada Dios González con Isleño. Entregaron os premios Sandra Insua, Encarna Liñeiro, José Figueroa, Luis Canosa e Olga Campos.

A xornada de clausura da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do XXIX concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, recaeu nas mans de Uxía Loureiro, que conquistou ao xurado profesional coa súa colección A Orixe.

O responsable da planta de Vilán de Stolt Sea Farm, José Figueroa, entregoullle o premio a Tecer, de Fabiola Santos Baña, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección F.37 de Sofía Sánchez Rey e Santiago Iglesias Alonso, que recibiu o premio de mans do fundador de Frigoríficos de Camariñas, Luis Canosa; acadou o terceiro posto. O premio á “Colección máis comercial”, entregado pola Presidenta da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, foi para Inmaculada Dios González, con Isleño. 

Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios divididos do seguinte xeito: un primeiro premio de 2.100 euros, un segundo de 1.200 euros, un terceiro de 600 euros, e o premio á “Colección máis comercial” tamén de 600 euros. 

Optaron a estes galardóns un total de 40 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. A procedencia dos noveis deseñadores foi moi diversa, formados nas mellores escolas a nivel estatal.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES