Teatro e moito humor na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

David Amor participará o sábado 19 de abril na pasarela Deputación da Coruña co monólogo Love está en el aire. O grupo de teatro de Camelle Os Contos Non Enchen representará a súa obra ‘First Lerias’ o venres 18 ás 20:30 horas.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña hai anos que se converteu nun evento que vai máis alá da moda e a tradición. Ao longo de cinco días, as persoas que pasan polo pavillón Víctor Vigo poden desfrutar dunha ampla e variada programación cultural, con opcións para todas as idades. Este ano David Amor foi o escollido para poñer a nota de humor ao evento mentres que o grupo de teatro local Os Contos Non Enchen terá a oportunidade de expoñer o seu traballo na pasarela do encaixe. 

Así, por unha banda, David Amor provocará unha fervenza de gargalladas co seu monólogo Love está en el aire. Será o sábado 19 de abril ás 20:30 horas. Comezou a súa carreira en 2001, na TVG e desde entón, formou parte de programas como O Rei da Comedia, Supermartes, A terra dos prodixios, O programón; en distintas series como Mareas Vivas, 4º sen ascensor ou Pataghorobí; así como a nivel nacional en  El Club del Chiste, de Antena 3, xunto a Leo Harlem, Martina Klein ou Anabel Alonso; e tamén en El Club de la Comedia, onde compartiu escena con Leo Harlem, Patricia Conde e Ernesto Sevilla. 

Pola outra, o grupo de teatro Os Contos Non Enchen, con sede en Camelle, estreará a súa derradeira obra ‘First Lerias’ o venres 18 ás 20:30 horas. É un grupo que se formou hai dous anos coa intención de unir a persoas de diferentes idades, desde os 16 ata os 70 anos, e que se converteu, pouco a pouco, nunha gran familia onde as risas e a emoción conviven no escenario.

‘First Lerias’ fai parodia do programa ‘First Dates’, trasladando, dun xeito cómico e divertido, as historias da televisión ás nosas costumes e á forma de ser da nosa xente.

Os Contos Non Enchen

Posts relacionados

A pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas volve a apostar polo talento galego

A pasarela da XXXIII Mostra do...

A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela outro ano máis. “Moitos dos…
Continua o proceso de gravación dos vídeos da II Mostra Virtual

Continua o proceso de gravación dos...

Modelos locais do Concello de Camariñas son as protagonistas destes videos que se están a gravar arredor dos recunchos máis…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.