Sastrecillo valiente será a homenaxe de Esteban Freiría ao traballo de todas as modistas e xastres

O deseñador vigués, afincado en Málaga, emprega nun 90% teas recicladas que combina co Encaixe de Camariñas, intentando que o impacto fose cero. “Nesta colección quixen resaltar a gravata masculina, e co Encaixe fixen un pouco de todo; non ten límites”, afina Freiría.

O deseñador vigués Esteban Freiría, afincado en Málaga, é un dos persoeiros que máis agarimo lle ten a Camariñas, sentimento que é mútuo, nunha comuñón que leva existindo desde hai 11 anos. Para a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña traerá ata a pasarela Sastrecillo valiente, unha homenaxe ao traballo de todas as modistas e xastres, desde un pequeno alfil aos patróns empregados. 

Freiría emprega nun 90% teas recicladas, que combina co Encaixe para crear pezas únicas. “Aproveito anacos que teño doutras coleccións uníndoos, para intentar que o impacto fose cero”, sinala.

Nesta colección, o deseñador quixo resaltar a gravata masculina, e co Encaixe “fixen elementos clásicos e pezas máis modernas e sofisticadas, xa que non ten límite”, afirma Freiría, á vez que di sentirse tremendamente querido “nun lugar no que son eu mesmo e onde levo presentando coleccións desde hai máis dunha década, que ademais de ser cada ano moi diferentes ás anteriores, me centro tamén en investigar novas posibilidades para o Encaixe, adaptalo ao contexto actual pero mantendo sempre a esencia”.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.