Continúanse confirmando nomes das grandes firmas e da sección ArtEncaixe para a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
Así, a deseñadora Sara Lage e Janet Schulz únense ao elenco para continuar completando un cartel que sitúa a esta cita nunha das máis importantes a nivel internacional.
A coñecida como “La reina del Encaje”, Sara Lage, amósase “tremendamente ilusionada” por poder participar nun evento como a Mostra”. A deseñadora relata que “tanto Camariñas como o Encaixe foi o meu punto de inflexión para despegar na miña carreira e para min é unha cita obrigatoria”, sinala.
“Este ano presento unha colección de noiva onde o patronaxe, a mestura de teas e o aplique do bordado son protagonistas”, subliña.
Janet Shulz é unha marca de accesorios especializada en sombrerería e tocados que naceu co obxectivo de ofrecer propostas diferentes, elegantes e con personalidade, sen deixar de reflictir nos seus deseños as últimas tendencias da moda nacional e internacional.