Sara Lage completa a lista de nomes para as Grandes Firmas desta XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Máis coñecida como ‘La reina del encaje’, traerá á pasarela unha colección con tres modelos. “O encaixe é o que lle aporta o punto máis especial ás miñas creacións”, explica.

A deseñadora Sara Lage completa a lista de nomes para as Grandes Firmas desta XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Máis coñecida como ‘La reina del encaje’, traerá á pasarela unha colección tres modelos e a súa característica superposición de prendas e mestura de texturas, cun patronaxe diferente 

“Sempre digo que a Miña carreira comezou coa Mostra do Encaixe e coa aplicación do encaixe, nun momento no que eu estaba comezando a facer cousas de noiva e a xente comezoume a coñecer por iso”, explica. 

Sara Lage adianta que “os tecidos que uso nos vestidos que presentarei son todos naturais: sedas rústicas, sedas, lás…”. “O encaixe é o que lle aporta o punto máis especial, suma moito ás nosas creacións, non só aos vestidos que presentamos na Mostra se non aos que facemos durante todo o ano para as noivas”.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita...

Os 13 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais. Son: Alfarería La…
gl_ESGL_ES