Comeza o reparto das 15.000 máscaras coordinadas pola Mostra

Comezouse polas persoas en situación de vulnerabilidade, supermercados, empresas, fábricas, estancos, confrarías e quioscos. O reparto veciñal farase a través de Correos. Para calquera dúbida habilitouse o teléfono da concelleira do Encaixe. Non son homologadas, polo que non poden ser empregadas no ámbito sanitario.

O Concello de Camariñas comezou xa o reparto das 15.000 máscaras confeccionadas por preto de 50 voluntarias coordinadas desde a semana pasada polo departamento da Mostra do Encaixe.

Primeiramente están a distribuírse ás persoas en situación de vulnerabilidade e tamén en supermercados, empresas, fábricas, estancos, confrarías e quioscos. Cando se remate, terá lugar o reparto ao resto da poboación, que se fará a través de Correos para que cheguen a todos os fogares.

O goberno local puxo á disposición da veciñanza o teléfono da concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, para xestionar calquera tipo de dúbida ou información sobre o reparto. O teléfono é o 667 03 43 05 e tamén pode empregarse para comunicar calquera tipo de urxencia na entrega das máscaras da que o Concello non sexa consciente actualmente.

As máscaras fabricáronse todas con tela dobre para maior protección. Foron 14.000 con material ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello e outras 1.000 con algodón 100% doado pola empresa Yutes, de Barcelona.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo transmitir “tranquilidade” aos veciños e veciñas de Camariñas e asegurou que “chegará a todas as casas pero teñen prioridade as persoas en situación de vulnerabilidade e as que están traballando”. Ademais, lembrou que estas máscaras “non son homologadas polo que no poden ser utilizadas no ámbito sanitario”.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.