Recoñecemento ás 50 voluntarias que coseron as 15.000 máscaras

As 15.000 máscaras foton confeccionadas por 50 voluntarias que aportaron o seu gran de area para combatir esta terrible pandemia do COVID-19

A aula Raquel Moreira Carril do MECAM Museo Encaixe Camariñas acolleu hoxe recoñecemento do Concello de Camariñas ás 50 voluntarias que coseron as 15.000 máscaras que se repartiron durante o confinamento.

No acto, no que estiveron presentes todos os grupos da corporación municipal, entregóuselles un pequeno detalle polo traballo que levaron a cabo nun momento tan difícil. A alcaldesa, Sandra Insua, deulles as grazas pola súa “impagable labor no peor momento da pandemia” e destacou que “erixíronse como unhas verdadeiras heroínas de Camariñas”.

A rexedora quixo tamén invitar ao acto aos representantes de Correo aos que lles agradeceu a súa colaboración xa que “se encargaron de repartir as máscaras casa por casa de xeito toalmente gratuíto”.

Ademais, aproveitou a presenza do resto dos grupos da corporación para eloxiar “a súa labor durante o confinamento, colaborando sempre no que fixo falta”.

voluntarias-mascarillas-mostra-2
Sandra Insua entrega o recoñecemento a unha das voluntarias

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.