As receitas de Camariñas e La Turballe cocíñanse na pasarela da XXXI Mostra do Encaixe

Hoxe presentouse o recietario ‘La Turballe e Camariñas comparten mesa’, froito dun traballo conxunto entre ambas localidades e a Asociación La Turballe – Cap Camariñas. No acto participaron a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; a presidenta da asociación, Dominique Floc’h e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

As receitas máis tradicionais e tamén as máis modernas de Camariñas e do concello francés de La Turballe chegaron hoxe á pasarela da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, onde se presentou o receitario ‘La Turballe e Camariñas comparten mesa’.

Esta publicación é o froito dun traballo conxunto de varias persoas de ambas localidades, apoiados pola Asociación La Turballe – Cap Camariñas, que teñen moitos puntos en común como pode ser a paixón pola cociña, consecuencia da alta calidade dos produtos dos seus mares e da súa terra.

No acto participaron a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; a presidenta da asociación, Dominique Floc’h e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes.

Encarna Liñeiro contou que “o primeiro correo que recibín sendo concelleira foi de Dominique, contándome este proxecto, que me pareceu precioso porque une dúas culturas irmandadas a través das súas gastronomías. Moitos outros correos, unha pandemia de por medio e case tres anos despois aquí estamos, orgullosas do resultado”.

As receitas de Camariñas e La Turballe cocíñanse na pasarela da XXXI Mostra do Encaixe

Pola súa parte, Dominique Floc’h explicou que “el libro es una invitación a viajar por ambas comarcas”. “Este recetario no son solo 40 recetas alrededor del pescado y de los mariscos, es también la oportunidad de celebrar el quinto aniversario del hermanamiento”.

Ao remate do acto, entregóuselles a cada unha das persoas que fixeron posible esta publicación, tanto camariñás como francesas, un exemplar. Ademais, todas e todos firmaron dous libros que se conservarán en cada municipio para poñer en relevancia este traballo.

A tradición e a historia dos municipios a través das receitas

Ao longo do receitario o lector poderá coñecer a tradición e a historia de Camariñas e La Turballe a través de receitas, explicadas por veciños e veciñas, que pasaron de xeración en xeración con propostas de sabores que “evocarán lugares, persoas e incluso instantes”.

Algunhas das receitas que poderán atoparse no libro son:

  • ‘Paté de sardinas’, por Jacky Trimaud, pescador xubilado de La Turballe.
  • ‘Tiras de calamares e tentáculos con manteiga de tomates’, por Xavier Chevallier, Chef do restaurante Le Terminus de La Turballe.
  • ‘Jurel empanado con cacahuetes e tartar de tomate, pepino, albahaca e menta’, por Thomas Barreau, especialista en cociña sustentable de La Turballe.
  • ‘Fideos fritos con verduras, marisco e algas’, por Maika Campos, cociñeira e xerente do Bar Curbeiro.
  • ‘Calamares recheos’, por Dorita García Carril, encaixeira e presidenta de Rendas, de Camariñas.
  • ‘Revolto de caviar de ourizo de mar’, por Gemma Pedreira Allo, responsable de producción de Conservas Leticia.

Ademais das receitas de cada territorio poderán atoparse neste libro historias de persoas de ambos municipios, que falan da tradición mariñeira de Camariñas e La Turballe, dunha forma directa e emotiva, co desexo de compartir cos lectores o forte vínculo entre os dous pobos

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad