Presentada en FITUR a XXX Mostra do Encaixe

O cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas está protagonizado polo modelo internacional da Costa da Morte Damían Álvarez. Unha clara aposta pola universalización do Encaixe de Camariñas
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días en IFEMA (Madrid) foi o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXX edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará do 8 ao 12 de abril e que aspira a romper estereotipos desde o primeiro momento. A edición que significará as tres décadas de vida deste evento non será unha máis xa que a organización decidiu rachar coa típica imaxe que se ten do encaixe, un arte milenario asociado erroneamente ás prendas femininas, e empregou un modelo masculino como imaxe do cartel e o spot oficial para este ano.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, conseguiu diferenciar este evento que espalla o nome de Camariñas e da Costa da Morte polo mundo ao lograr un espazo no stand de Turespaña para poder levar a cabo a presentación dunha edición tan sinalada como é esta.

Alí, Sandra Insua destacou que “este evento naceu co obxectivo de por en valor un elemento vertebrador de Camariñas como pobo e como comunidade e superou ese obxectivo con creces” xa que “a Mostra é coñecida internacionalmente, é un evento de moda referencial en Galicia e España, e cada ano chegan delegacións de todos os lugares do mapa que quedan marabillados coa arte das nosas palilleiras, que fan maxia coas súas mans”.

O modelo internacional Damián Álvarez (Magro-Vimianzo) é o protagonista dun cartel 100% feito por un equipo integrado totalmente por profesionais da Costa da Morte

Ademais, subliñou que “a esencia da primeira Mostra do Encaixe de Camariñas segue intacta. Os tempos son de cambio, as modas pasan pero a esencia mantense e transmítese de xeración en xeración, é algo innegociable”.

“Como alcaldesa de Camariñas é para min un orgullo ostentar a responsabilidade de organizar a trixésima edición da Mostra do Encaixe e de continuar fomentando e difundindo esta tradición ano tras ano”, rematou Insua.

Cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas protagonizado por Damián Álvarez e idea orixinal de Diego Alonso Freire
Cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad