A orquestra París de Noia estará na trinta edición da Mostra do Encaixe

O concerto será o sábado 9 de outubro, de 21:30 a 24:00 h., e contará cun protocolo sanitario. O acceso ao recinto, situado no Porto de Camariñas, será limitado.

A coñecida orquestra París de Noia poñerá a nota musical na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. A agrupación ofrecerá o sábado, 9 de outubro, un concerto especial dentro da súa ‘Xira no Camiño’ para conmemorar o trixésimo aniversario do evento.

O pase terá lugar no Porto de Camariñas, de 21:30 a 24 horas, e contará cun estrito protocolo sanitario que se adecuará atendendo ás restricións sanitarias vixentes no momento. O acceso ao recinto, que estará pechado, será limitado por cuestións de aforo e poderase entrar desde unha hora antes do comezo da actuación. Ademais, non estará permitido comer, beber ou fumar.

Por outra banda, os integrantes da orquestra París de Noia estarán presentes no recinto feiral da Mostra do Encaixe ese mesmo día ás 19 horas.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES