O Museo do Encaixe entre os museos de artesanía máis relevantes de Europa

O proxecto, titulado ‘Homo Faber Guide’ pode visualizarse a través da plataforma dixital Homo Faber Guide. Esta semana realizouse un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitilo á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O Museo do Encaixe de Camariñas foi seleccionado para formar parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que seleccionará o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.

Durante esta semana o Concello de Camariñas estivo levando a cabo un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O proxecto pode consultarse a través da web Homo Faber Guide, un espazo que ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e a aqueles museos, galería, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas dentro da comunidade. Será unha plataforma moi atractiva visualmente, na que cada referencia ou institución terá a súa propia páxina con fotos, texto sobre a súa actividade e datos útiles (ubicación, horarios, etc.).

O Museo do Encaixe é seleccionado para formar parte dunha guía dos museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía

“O obxectivo é que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado, un paso máis no proceso de internacionalización do encaixe que estamos levando a cabo”, explicou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro.

Homo Faber

A Michelangelo Foundation é unha institución internacional dedicada a impulsar a artesanía e o deseño. No 2018 organizou por primeira vez o enconro de artesanía ‘Homo Faber’, único das súas características, que exhibiu obras de máis de 400 artesáns e deseñadores europeos. Este ano tería que celebrarse en Xapón a segunda edición, que se tivo que pospor a 2021 debido á expansión da COVID-19.

Momento en que se toman as fotos das pezas
Momento en que se toman as fotos das pezas no Museo do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES