O Museo do Encaixe entre os museos de artesanía máis relevantes de Europa

O proxecto, titulado ‘Homo Faber Guide’ pode visualizarse a través da plataforma dixital Homo Faber Guide. Esta semana realizouse un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitilo á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O Museo do Encaixe de Camariñas foi seleccionado para formar parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que seleccionará o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.

Durante esta semana o Concello de Camariñas estivo levando a cabo un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O proxecto pode consultarse a través da web Homo Faber Guide, un espazo que ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e a aqueles museos, galería, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas dentro da comunidade. Será unha plataforma moi atractiva visualmente, na que cada referencia ou institución terá a súa propia páxina con fotos, texto sobre a súa actividade e datos útiles (ubicación, horarios, etc.).

O Museo do Encaixe é seleccionado para formar parte dunha guía dos museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía

“O obxectivo é que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado, un paso máis no proceso de internacionalización do encaixe que estamos levando a cabo”, explicou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro.

Homo Faber

A Michelangelo Foundation é unha institución internacional dedicada a impulsar a artesanía e o deseño. No 2018 organizou por primeira vez o enconro de artesanía ‘Homo Faber’, único das súas características, que exhibiu obras de máis de 400 artesáns e deseñadores europeos. Este ano tería que celebrarse en Xapón a segunda edición, que se tivo que pospor a 2021 debido á expansión da COVID-19.

Momento en que se toman as fotos das pezas
Momento en que se toman as fotos das pezas no Museo do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de...

Ambas empresas, afincadas no municipio,  reforzaron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de polbo…
Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas, patrocinadores da Mostra do Encaixe de Camariñas

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de...

As empresas, afincadas no municipio, definiron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de pulpo…
A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto. Yolanda Díaz agradeceu o detalle…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.