O encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

Son 10 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Franco Quintáns, Anamingo, Dolores Cortés, Esteban Freiría, Jose Matteos e OSE Couture.

O desfile de Grandes Deseñadores, xunto aos nenos e nenas do PequEncaixe, inaugurou a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas e as firmas, de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional, demostraron que o encaixe ten a capacidade de brillar con luz propia na moda contemporánea. 

Nesta trixésimo cuarta edición participan 10 firmas: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Franco Quintáns, Anamingo, Dolores Cortés, Esteban Freiría, Jose Matteos e OSE Couture.

A deseñadora asturiana Ana Cabranes, que participa no evento desde o ano 2003, presenta ‘Jade’, “un homenaje a lo natural y a la belleza que no necesita adornos para brillar”. A granadina Claudina Mata presenta “una colección cápsula nupcial en la que el encaje y las transparencias serán los grandes protagonistas”.

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volveu á Mostra e aposta nesta ocasión por unha colección con “mucho romanticismo”. A firma ANAMINGO, afincada na Coruña, presenta “parte de la colección que hemos llevado a la Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid. 

DEVOTA&LOMBA presenta a colección ‘Hall’, na que se centrou na ”forma, los cortes y las texturas, a veces el ruído de estampados y colores no deja ver los detalles que hacen a una prenda única”. A deseñadora valenciana Dolores Cortés non podía faltar á Mostra e presenta a súa nova colección de traxes de baño.

Franco Quintáns regresa á pasarela da Mostra, onde debutou hai 30 anos, e “este año presento cuatro looks donde los pequeños y sutiles tops de encaje cogen el protagonismo”. Esteban Freiría fai coa súa colección ‘El Sastrecillo Valiente’, unha homenaxe ao traballo de todas as modistas e xastres. 

Por último, José Matteos dobra a súa presenza na Mostra presentando dúas firmas: ÔSE Couture e Matteos Novias. ‘Camariñas, tierra querida’ é a colección de Matteos Novias e ‘Renacer by ÔSE’ a de ÔSE Couture.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.