O camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O artista declara que “poder tocar onde mi criei, que é onde vivín experiencias das que saco a inspiración dos temas que fago, é un orgullo”. O club de baile deportivo ‘Arte e Movemento’ fará unha exhibición na que se mesturan bailes caribeños, latinos e estándar. DJ SON1C estreará a versión dance da canción ‘Camariñas’, acompañado de Alicia Bautis, e da música da Danza de Arcos.

O artista camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, na que os asistentes tamén poderán desfrutar dunha exhibición de baile, música dance e moito folclore.

O rapeiro Lopes será o encargado de facer o concerto de clausura (domingo 9 de abril ás 21 horas) e, chegado dunha xira por México, declara que “poder tocar onde me criei, que é onde vivín experiencias das saco a inspiración dos temas que fago, é un orgullo”. 

“Traemos un show cargado de enerxía e forza coma sempre, pero cunhas ganas especiais por ser na miña terra. Interpretaremos temas como Pole, Penas, Bandolero 2… e intentaremos que o público conecte con nos ó máximo”, adianta. 

Para Lopes este concerto será especial xa que “outra cousa boa de tocar na Mostra e que podo estar ese día en Camariñas, porque os últimos anos sempre tiñamos algunha rodaxe ou concertos fóra de Galicia” e lembra que “os recordos que teño de pequeno é ver sempre o pobo moi cheo de xente de fóra, miña nai e miña avoa palillar, todas as familias preparándose para ir xuntos á Mostra, os desfiles tan variados…P ero o máis bonito de todo isto e a enerxía positiva que se respira no pobo durante esa semana”. “Invito a todo mundo a que se pase a desfrutalo este 2023”, indica. 

<strong>O camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas</strong>
Arte e Movemento

Baile, música dance e folclore

O sábado 8 de abril ás 11:30 horas o club de baile deportivo ‘Arte e Movemento’ fará unha exhibición na que se mesturarán bailes caribeños, latinos e estándar (vals, tango…). “Maioritariamente participarán nenos e nenas de todas as idades, pero tamén algunha mamá”, explica Lita, alumna do club, que sinala que “ademais, eu estou facendo o encaixe para que cada bailarín leve unha peza”.

Por outro lado, o día da inauguración, o mércores 5 de abril, antes do desfile de Grandes Deseñadores que pechará esa primeira xornada (a partir das 18 horas), DJ SON1C estreará a versión dance da canción de ‘Camariñas’, acompañado da cantante Alicia Bautis, e da música da Danza de Arcos.

Como non podía ser doutro xeito, durante os cinco días escoitarase nos pavillóns da Mostra, mesturado co son dos palillos, o folclore das agrupacións Abrindo Rejo, Con toda en banda, Vaiche Boa, Asociación Mar Devalado de Camelle e  Asociación As Cansorriñas. Tamén o VI Encontro de Corais no que participarán a Coral Brisas do Mar de Corme, a Coral de Bergondo e a Coral Brisas do Mar de Camariñas (domingo 9 ás 11:45 horas).

<strong>O camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas</strong>
DJ Sonik

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.