A Mostra entrega agasallos con Encaixe no pazo provincial como símbolo de agradecemento

A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, e o concelleiro Sergio Caamaño, fixeron entrega dun obsequio ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Os edís colocaron en cadansúa butaca unha bolsiña con este detalle no interior no Salón de Plenos antes da celebración da sesión de onte, venres 1 de outubro.

A Mostra fixo entrega onte, 1 de outubro, duns agasallos de Encaixe no pazo provincial da Deputación da Coruña como símbolo de agradecemento pola implicación e o compromiso que este ente ten co evento camariñán.

A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, e o concelleiro Sergio Caamaño, fixeron entrega dun obsequio a seu presidente, Valentín González Formoso. Os edís colocaron tamén en cadansúa butaca unha bolsiña no Salón de Plenos cun detalle no interior e antes da celebración da sesión.

Nas imaxes podemos ver, ademais da entrega ao presidente, como recibían os agasallos deputados como José Manuel Pequeño ou José Ramón Rioboo. Desde a Mostra subliñan a “versatilidade da aplicación do Encaixe para obter produtos tan espectaculares como estas paxariñas”, inciden, á vez que “agradecemos a inestimable axuda e colaboración cun evento que cumprirá o vindeiro venres trinta anos á vangarda da moda”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, agradeciulles a Caamaño e Liñeiro “un detalle precioso, que amosa non só a beleza do Encaixe, tamén a solidariedade e detallismo do pobo camariñán”, e avanzou que “a nosa intención é seguir colaborando nun evento que é a proba de que a nosa artesanía e manufactura ten moita cabida neste mundo, cada vez máis tecnificado”.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES