A Mostra do Encaixe busca modelos locais para os desfiles da Mostra Virtual

A segunda Mostra Virtual busca modelos locais para participar nos vídeos das coleccións de Jóvenes Deseñadores. Calquera persoa que estea interesado ou interesada pode comunicalo por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net ou no teléfono 653 265 529. En Semana Santa publicaranse os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e, no mes de setembro como antesala da XXX Mostra do Encaixe sairán á luz os vídeos dos Grandes Deseñadores e Artencaixe.

A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a buscar modelos de Camariñas para participar nos vídeos que se elaborarán para a segunda edición da Mostra Virtual das coleccións dos deseños dos Jóvenes Deseñadores.

Calquera persoa que estea interesado ou interesada en participar pode comunicalo por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net ou no teléfono 653 265 529.

En canto se conte cos modelos establecerase unha data para a gravación das pezas audiovisuais, que se realizará en diferentes localizacións do Concello de Camariñas e se farán levando a cabo un estrito protocolo de seguridade seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias. Os vídeos serán gravados por alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.

II Mostra do Encaixe Virtual

A segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña presenta novidades con respecto ao ano pasado e nesta ocasión cambiará o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación de desfiles das diferentes pasarelas.

O obxectivo deste evento é o de comercializar o encaixe e fomentar a labor que fan anualmente os comercios locais neste eido. Por iso, do 31 de marzo ao 4 de abril, os postos participantes ofrecerán a través do Facebook, Instagram e na páxina web www.mostra.es unha serie de produtos con encaixe que contarán con ofertas especiais nesas datas.

Cada colección participante elaborará un vídeo coa finalidade de mostrar os seus deseños coa aplicación do encaixe en diferentes contornas naturais, culturais e turísticas de Camariñas. O que non cambia con respecto ao ano pasado é a plataforma de emisión, a Mostra Virtual difundirase a través da páxina de Facebook da Mostra (@MostradoEncaixe), do Instagram (@Mostraencaixecamarinas) e tamén da canle de Youtube (@Mostradoencaixe) e da web oficial da Mostra www.mostra.es.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES