A música non podía faltar na programación da trixésimo cuarta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, na que Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, ademais das actuacións das agrupacións folclóricas de Abrindo Rejo, As Cansorriñas, Con toda en banda, Golpe de mar, Mar devalado eVaiche Boa.
Para a apertura, entre os desfiles de ‘PequEncaixe’ e ‘Grandes Firmas’ do mércores 1 de abril, terá lugar a actuación de Luar na Lubre, unha das bandas máis míticas do panorama tradicional galego e que inspira o seu proxecto nas correntes da música folk europea e, particularmente, na órbita das denominadas músicas “atlánticas ou célticas.”
O sábado, 4 de abril ás 12:30 horas, logo dos desfiles de ‘ArtEncaixe A’, ‘Grandes Firmas A’ e ‘PequEncaixe’, a pasarela Deputación da Coruña acollerá a actuación de Sebastián Allones Dans, de Camelle, e que con tan só 12 anos ganou o concurso de talentos ‘Da rúa á lúa’, do programa ‘Quen anda aí’ da Televisión de Galicia.
O domingo, 5 de abril, ás 12:15 horas, quenda do IX Encontro de Corais Mostra do Encaixe coa coral polifónica San Roque de Vigo, Coral San Salvador de Pazos e Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas.
O domingo 5 de abril ás 13:00 horas, está previsto o espectáculo musical e de danza de Las Guerreras del K-Pop e xa pola tarde, pasadas as 19:30 horas para clausurar a trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, Antía Muíño, unha das revelacións da canción galega cun rexistro que se move entre o jazz-pop, a canción alternativa de autor e o amor pola música tradicional galega.
Este eclecticismo convértea nunha artista difícil de clasificar, que busca escapar das etiquetas e clichés e que se move sen complexos entre todas estas augas para transmitir unha voz versátil e polifacética, á vez que profundamente persoal e singular.
‘Anfibia por veces’ (2026) é o título do seu segundo traballo, un álbum ecléctico e sorprendente no que a artista explora novos sons, elevando o estilo íntimo e o son acústico que a caracterizan. Este disco é froito dun traballo conxunto co destacado produtor galego Hevi nel a artista reflexiona sobre grandes temas universais como a identidade, o amor, a búsqueda dun mesmo ou o sentimento de pertenza.
Antía tamén reivincida o papel da muller como creadora e instrumentista, incluíndo colaboración con destacadas figuras da escena galega como Lilaina, Brassic Rapa e Margarida Mariño.



