María Campaña, Bikkos e Xelis Luaces, as derradeiras confirmacións das grandes firmas

Xunto a María Campaña, Bikkos e Xelis Luaces estará tamén Sandra Amorote Workshop que pechará as participacións na novidosa sección ArtEncaixe.

Os derradeiros nomes que se confirman para participar nos desfiles de Grandes Deseñadores nesta XXX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña son María Campaña, Bikkos e Xelis Luaces, que conformarán un cartel de gala para o triséximo aniversario.

María Campaña, a deseñadora local, é unha asidua á cita, onde tamén a acompañarán o muxián Xelis Luaces e Bikkos, este proxecto téxtil cuxa finalidade é aportar unha maneira de vestir con personalidade, a todas as persoas.

Sandra Amorote Workshop pecha as participacións na novidosa sección ArtEncaixe, un taller de artesanía na estampación, inspirado na puntilla de Camariñas. “O Encaixe de Camariñas merece unha destacada posición an nosa cultura”, anuncia Sandra, quen di que é “totalmente inspirador ver como cada persoa interpreta e dá forma ás súas pezas”.

Posts relacionados

Os produtos de encaixe e os desfiles da II Mostra Virtual atraen a 133.650 persoas

Os produtos de encaixe e os...

Este ano, polo cambio na natureza do evento con respecto á primeira edición, optouse por reducir o número de publicacións…
Inauguración da exposición fotográfica "Palilleiras. Presente e Futuro"

Inauguración da exposición fotográfica "Palilleiras. Presente...

Hoxe tivo lugar o acto inaugural da mostra, titulada ‘Palilleiras. Presente e futor’, formada polas fotografías dun proxecto da fotógrafa…
Os stands da II Mostra Virtual comezan a difundir as súas ofertas especiais para o evento

Os stands da II Mostra Virtual...

Desde o martes e ata o domingo os 12 postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.