Máis talento para os desfiles de ArtEncaixe: Suso Calo – Lobo Tolo, Ondas do Mar e Mariví Santos Atelier 

O primeiro traerá á Pasarela Deputación da Coruña “unhas pezas inspiradas en deusas; será unha colección moi diferente a todas as que presentei”, afirma o autor.  Josefina Campaña afirma que “o Encaixe de Camariñas é o centro de Ondas do mar; non se suma como un detalle, senón que é a alma que dá vida a cada deseño”. Pola súa banda, Mariví Santos, palilleira de Porto do Son, participará na Mostra por vez primera cunha colección co seu propio selo.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que celebrará a súa trixésimo cuarta edición do 16 ao 20 de abril, suma talento a esgalla nos seus stands, nos seus espazos gastronómicos e tamén nas distintas modalidades de desfile.

Así, na Pasarela Deputación da Coruña poderemos ver pezas únicas da man de artesáns e artesás como Suso Calo, Josefina Campaña e Mariví Santos, que se suman ao resto de confirmacións para o ámbito do ArtEncaixe. 

Lobo Tolo é un álter que Suso Calo se puxo para representar as súas pezas de xoiaría alternativa. Para elo, emprega materiais que non son comúns na xoiaría tradicional, como o óso, o titanio, o aceiro ou o bronce. 

Na colección de 2025, a cuarta que presenta diante do público da Mostra, poderemos ver pezas inspiradas na mitoloxía. “O Encaixe achega unha variedade atractiva ás pezas de xoiaría, e cando lle colles un pouco de apego, flúe de xeito natural. Este ano para a pasarela volve a ser temática; os complementos decorativos desaparecen, os pendentes levarán apliques de Encaixe a medida, combinados con nácar, titanio e prata e romperá moldes con respecto ás anteriores”, afirma Suso Calo.

Máis talento para os desfiles de ArtEncaixe: Suso Calo – Lobo Tolo, Ondas do Mar e Mariví Santos Atelier 

Ondas do Mar nace do desexo de expresar, a través do deseño, o que Galicia e a alma da autora, lle inspiran. Sempre rendendo tributo ás súas raíces, Josefina Campaña lembra ao mundo cunha nova mirada sen que perda un chisco da súa alma. 

O encaixe de Camariñas é o centro de Ondas do Mar. A creatividade é a esencia desta firma, e iso fai que a integración de cada peza sexa natural, fluída e chea de significado. Cada creación nace do respecto pola tradición, pero tamén dunha mirada nova, libre e chea de forza.

“Este ano Ondas do Mar chega á Mostra do Encaixe con moito que contar, e aínda máis que sentir. Camariñas será, unha vez máis, o escenario onde a tradición e a fantasía vaian da man, con fíos que bailan e historias que se entrelazan. Só podo dicir que o Encaixe será protagonista, e que o corazón da nosa terra latexará máis forte ca nunca”, di a súa creadora.

Mariví Santos, palilleira de Porto do Son, é unha asidua á Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Dedícase a ensinar e facer encaixe no seu obradoiro, Mariví Santos Atelier
“Este ano faime especial ilusión participar por primeira vez como Mariví SantosAtelier, e presentar a miña propia colección. Apaixóame o Encaixe de Camariñas, pero o que máis me gusta é aplicalos en complementos de moda. Por iso a miña colección baséase en pezas onde, ademais do Encaixe, aplico outras técnicas, como sombrereiría, plumería ou o tinguido e moldeado de flores. Agardo que vos guste e vémonos na Mostra do Encaixe de Camariñas”, declara orgullosa Mariví.

Posts relacionados

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de...

Ambas empresas, afincadas no municipio,  reforzaron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de polbo…
Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas, patrocinadores da Mostra do Encaixe de Camariñas

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de...

As empresas, afincadas no municipio, definiron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de pulpo…
A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto. Yolanda Díaz agradeceu o detalle…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.