Máis de 25 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da XXXIV Mostra do Encaixe 

A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias formado por máis de 25 persoas que, como cada ano, asegurarán o bo funcionamento do evento durante os cinco días.  

Por unha parte, encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto, tanto no control da entrada ou no posto de información como no acceso á sala de desfiles, axudando tamén en calquera dúbida aos visitantes. 

Por outra banda, como ven sendo habitual, a agrupación de Protección Civil de Camariñas despregará un dispositivo de seguridade e de tráfico, esencial para o desenvolvemento da Mostra e tamén para solucionar calquera imprevisto.

https://www.youtube.com/watch?v=PqMJ5yYFkA0

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.