Lola Logaro, Ana Miguéns e Viviana Araujo sorprenderán no ‘ArtEncaixe’

Lola Logaro presentará a súa colección ‘Prímula’, inspirada na primavera. Ana Miguéns chegará cunha colección de catro colares denominada ‘14’ Viviana Araujo, de ‘Estilo Aramar’, apostará por pezas confeccionadas por plumas, flores...

Hoxe é a quenda para as confirmacións do sempre sorprendente desfile de ‘ArtEncaixe’, neste caso con tres artesáns que volven a participar na XXXVI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña: Lola Logaro, Ana Miguens e Viviana Araujo. 

Lola Logaro, artesá textil que se estreou na pasarela da Mostra na anterior edición, explica que “volver supone darme una segunda oportunidad, fue una experiencia muy buena, sentí muy valorado mi trabajo”.  A colección que presenta este ano chámase ‘Prímula’ e está inspirada na primavera. “Trabajo con una mezcla de alpaca con lana, seda y mohair junto con el encaje de Camariñas y está inspirada en los colores de la primavera”, sinala.

“Hay un chal y una estola, un bolero, un jersey-camiseta y un chaleco. Esta colección transmite la frescura y la elegancia de la estación a través de tonos suaves y armoniosos, que evocan la naturaleza en plena floración. Es una oda a la primavera, a la feminidad y a la creatividad”, afirma.

Ana Miguéns, creadora de xoias e bixutería, regresa a Camariñas coa súa colección ‘14’, “o número de referencia do encaixe que uso e que tamén ten un significado persoal”, formada por catro colares: colar dos ‘Maios’, representando unha das grandes festas de Galicia; colar Camelle, dedicado ao alemán Man; colar ‘A Caramiña’, a pranta que dá o nome a Camariñas; e color ‘Cantareira’, con pezas que lembran ás ferreñas das panderetas das cantareiras. “Aplicar nunha xoia o encaixe sempre é complexo, para que teña o seu sitio requírense moitas horas de obcetos, de preparación e de probas”, indica.

Viviana Araujo, de ‘Estilo Aramar’, volve outro ano máis á Mostra, algo que para ela é “un verdadero orgullo, siempre es un reto incorporar el encaje a las técnicas que utilizamos en nuestros oficios pero es una maravilla ver después las piezas terminadas”. Explica que “este año llevaré piezas confeccionadas con plumas, flores…”.

Posts relacionados

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

O encaixe do mundo volta á...

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.
Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.