‘Firma Emerxente’, a principal novidade na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe 

Este novo concepto, que se integrará no desfile do concurso de Noveis Deseñadores, pretende axudar a deseñadores emerxentes a consolidarse como marca. Nesta edición a ‘Firma Emerxente’ será a de Xaquín Ruíz, que promociona o encaixe de Camariñas en feiras por Europa.

A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación de Coruña suporá a estrea dunha nova iniciativa, a ‘Firma Emerxente’, un concepto co que se pretende axudar a deseñadores emerxentes, que participaron nalgunha edición do concurso de Noveis Deseñadores e que seguen a promocionar o encaixe de Camariñas a través do seu traballo, a consolidarse como marca.

O obxectivo que persegue a organización con esta acción é o de inspirar a outros deseñadores e deseñadoras e amosarlles o importante que é darlle valor ao traballo artesanal, ao Encaixe de Camariñas. “Queremos que as persoas que están comezando a súa andadura no mundo da moda vexan que, aínda que non gañen un premio, se siguen traballando e movéndose poden chegar a crear a súa firma e nós vamos a seguir apoiándoos”, explica a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro.

Nesta edición a ‘Firma Emerxente’ será a de Xaquín Ruíz, que participou en varias ocasións no concurso, e que durante todo o ano promociona, a través das súas coleccións, o encaixe de Camariñas en feiras por Europa. El será o encargado de dar a apertura aos diferentes pases do certame de Noveis Deseñadores, integrándose así neste desfile.

“É un paso intermedio entre os novos deseñadores e as grandes firmas, unha forma de continuar a promocionar o seu traballo para que consiga consolidar a súa marca”, engade Encarna Liñeiro.

Posts relacionados

En Semana Santa, o fío convértese en arte na XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

En Semana Santa, o fío convértese...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a deputada provincial…
‘Un mar de piques’ que encherá a Semana Santa na XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

‘Un mar de piques’ que encherá...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, o presidente da…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.