‘Estilo Aramar’ e ‘Feituras’ tamén conformarán a pasarela ‘ArtEncaixe’

O primeiro, un taller dedicado a conseguir todo tipo de complementos únicos, e o segundo de cerámica tradicional creativa.

‘Estilo Aramar’ e ‘Feituras’ tamén conformarán a pasarela ‘ArtEncaixe’ nesta XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O primeiro, un taller dedicado a conseguir todo tipo de complementos únicos, e o segundo de cerámica tradicional creativa.

Sendo a cuarta participación de ‘Estilo Aramar’ en Camariñas, a súa creadora, Viviana Araújo declara que “é todo un orgullo combinar o Encaixe coas nosas técnicas de taller e fundilas en obras de arte únicas e irrepetibles”. 

Este ano presentará 6 estilismos, catro para muller e dous para home, nos que predomina a reciclaxe, a arte floral, o ecoprint e as técnicas de tinguido. Segundo a propia Araújo, “as pezas sorprenderán, e moito”. 

Pola súa banda, María Canedo, de ‘Feituras’, afirma que “é todo un reto para min poder amosar de maneira creativa, como dúas artesanías tan distintas poden ir da man”. 

As súas pezas achegan ao Encaixe de Camariñas “unha mistura de artesanías tradicionais adaptadas ao noso tempo”, e afirma que “será a xente a que poida dicir, logo de ver o noso defile, se están sorprendidas e sorprendidos”.

Posts relacionados

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

¿Onde está o encaixe no cartel...

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe…
Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe...

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.