Esteban Freiría e Ana Cabranes confirman a súa asistencia ás pasarelas da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O primeiro, en firmas, e a segunda, na sección ArtEncaixe, ensinarán as súas últimas creacións do 8 ao 12 de outubro no municipio camariñán.
‘Candean City’ será a colección que presente Esteban Freiría, inspirada nos western que o deseñador visionaba cando era novo, con composicións para “vivir a vida” e seis deseños nos que mestura Encaixe de Camariñas, ganchete feito por él mesmo e pintura téxtil. Para algunha das pezas, Freiría recuperou Encaixe dos que se empregaron nas primeiras edicións da Mostra. Tamén exporá pezas orfebres deseñadas pola súa sobriña, Ana Freiría.
O deseñador vigués afincado en Marbella xa elaborara hai uns meses unha colección de mascaras contra a COVID-19 con Encaixe de Camariñas, e amósase “moi ilusionado por presentar unha colección que quedará na retina dos e das asistentes. Prometín que a ía liar e así será”.
A deseñadora asturiana tamén repetirá concurso, como Freiría, e xa “perdeu a conta das veces que asistiu a Camariñas coas súas coleccións”, nun evento “moi especial e no que poderei estar por primeira vez na sección ArtEncaixe”, sinala a asturiana, que se atopa “moi feliz por ser parte da triséxima Mostra, que quedará para a historia”.