Esta semana santa, a primeira Mostra do Encaixe virtual

Terá lugar do 8 ao 12 de abril e desenvolverase a través da páxina de Facebook da Mostra Todos os colectivos implicados no funcionamento habitual do evento enviaron os seus vídeos para a ocasión. A programación organízase por bloques, seguindo unha estrutura similar á do calendario orixinal. “A trinta edición do evento celebrarase no ano 2021, con máis forza ca nunca”, destaca a alcaldesa, Sandra Insua.

O Concello de Camariñas organizará do 8 ao 12 de abril a primeira Mostra do Encaixe virtual da historia. Unha iniciativa que implicará a todos os colectivos implicados no funcionamento habitual do evento e que se desenvolverá a través da páxina de Facebook da Mostra e da canle oficial de youtube da Mostra

A crise sanitaria xerada pola expansión da COVID-19 fixo que o Concello de Camariñas tivese que cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Unha decisión inédita para responder a un contexto nunca visto e que agora ten unha reacción novidosa, adaptándose ás posibilidades que ofrece a tecnoloxía.

Para o desenvolvemento desta ‘Mostra Virtual’ elaborouse unha programación por bloques, seguindo unha estrutura similar á que podería ter o calendario habitual do evento, e que inclúe franxas específicas para Grandes Deseñadores, Jóvenes Deseñadores, Artencaixe, Pequencaixe, Xuntanzas Palilleiras, Delegacións Internacionais, Empresas, Artistas, Voluntarios, Stands e Medios de Comunicación.

O Departamento da Mostra do Encaixe pediulles a todos estes colectivos que enviasen os seus vídeos presentándose e transmitindo ánimo e forzas para volver a reencontrarse e afrontar aínda con máis gañas a trinta edición do evento, que se celebrará no ano 2021.

Os vídeos irán subíndose seguindo a programación deseñada, polo que os interesados ou interesadas en seguir esta Mostra Virtual xa poden consultar a que hora conectarse para ver aos Grandes Deseñadores, aos aspirantes ao concurso de Jóvenes Deseñadores ou para escoitar o son dos palillos nas mans das palilleiras.

Mañá, mércores 8 de abril, será a xornada inaugural e, como tal, correrá a cargo das institucións. A partir das 16 h. participarán o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a directora xeral de Comercio, Sol Abeal; a xerente do Centro de Artesanía e do Deseño; Elena Fabeiro Castro; o alcalde de Serra d’El-Rei, Jorge Amador; a vicepresidenta de Peniche, Ana Rita Petinga; e o alcalde de Novedrate; Serafino Grassi. E despois será a quenda para o claro protagonista da trinta edición da Mostra, o modelo internacional Damián Álvarez, natural de Vimianzo, que deixará paso ao presidente da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME), Modesto Lomba, para rematar a xornada coa primeira aparicións dos Grandes Deseñadores.

Sandra Insua explicou que “como xa sabedes foi unha decisión moi dura a de ter que cancelar a Mostra do Encaixe pero penso que, grazas a esta iniciativa, farase un pouco máis doado o camiño ata 2021, ano no que celebraremos a trinta edición, con máis forza ca nunca”.

“A forza da tradición é imparable”, aseverou a Concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, que agarda que “ a Mostra Virtual teña unha boa acollida” e tamén agradeceu a participación de todos os colectivos e destacou a importancia de “sumar forzas e ánimos nos tempos que nos está a tocar vivir”.

Cartel Mostra do Encaixe Virtual 2020
Cartel Mostra do Encaixe Virtual 2020

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES