Dolores Cortés presentará unha colección de baño “diferente” na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Será a quinta participación no evento da recoñecida deseñadora, que recoñece que para ela o encaixe “fue un descubrimiento, tanto que lo incorporamos a un desfile de la Madrid Fashion Week”.

A recoñecida deseñadora Dolores Cortés estará presente no desfile de Grandes Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e anuncia, para a que será a súa quinta participación no evento, que presentará unha colección de traxes de baño “diferente de las anteriores y que creo que os gustará”.

A pesar de ter outros compromisos, Dolores Cortés xa forxou un vínculo con Camariñas e coa Mostra. “Me ilusiona que cuenten conmigo. Hacer bañadores con encaje no es habitual, supone para mí un desafío interesante”, explica.

Para a deseñadora foi “un descubrimiento exitoso o conxugar deseños de baño con encaixe” ata o punto de que “los incorporamos a un desfile de la pasarela Mercedes Benz Fashion Week Madrid”. Considera que o encaixe “aporta un punto artesanal, singular y diferenciador de otras colecciones de baño”.

A poucos días de que se corte a cinta de encaixe que dará inicio á trixésimo primeira edición da Mostra, que se celebrará de novo en Semana Santa do 13 ao 17 de abril, amósase ilusionada: “la experiencia de vivirla en pandemia me permite afirmar que todos tenemos ganas de Mostra y estoy segura de que será un éxito”.

Desfile de Dolores Cortés na XXX Mostra do Encaixe

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.