DEVOTAYLOMBA’ regresa á pasarela da Mostra do Encaixe cunha colección “fresca y preparada para el verano”

Modesto Lomba volverá esta Semana Santa a Camariñas tras non participar no desfile das dúas últimas edicións. “La vinculación con la artesanía es esencial para nuestro proceso de trabajo creativo y el encaje aporta la sutileza y finura del trabajo de las artesanas”, afirma.

O primeiro nome da lista de confirmacións da alta costura de cara á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña supón o regreso de ‘Devota y Lomba’, a firma de Modesto Lomba, ao desfile de ‘Grandes Deseñadores’.

O deseñador non puido participar na pasarela nas dúas últimas edicións do evento, aínda que si o fixo como xurado do concurso de Noveis Deseñadores do ano 2019. “Es un regreso natural, y como dijo Fray Luis de León al regresas a su cátedra de Salamanca tras años encarcelado por la Inquisición: , ”. Explica Modesto Lomba.

“Para DEVOTAYLOMBA la vinculación con la artesanía es esencial para nuestro proceso de trabajo creativo y el encaje aporta la sutileza y finura del trabajo de las artesanas, enriquece el resultado final de un vestido u otra pieza téxtil”, afirma.

Sobre o retorno do evento a súa data habitual e practicamente sen restricións trala atípica Mostra celebrada o ano pasado no mes de outubro, Modesto Lomba amósase “deseoso de regresar a la vida diaria y sus acontecimientos, y lo hacemos incorporando una pieza más a nuestro vestuario: la mascarilla”.

O recoñecido deseñador non quere desvelar que traerá este ano á Mostra do Encaixe pero anima “a venir y poder ver una colección fresca y preparada para el verano”.

DEVOTAYLOMBA’ regresa á pasarela da Mostra do Encaixe cunha colección “fresca y preparada para el verano”

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.