A expansión do coronavirus obriga a cancelar a XXX Mostra do Encaixe

A expansión do coronavirus obriga ao Concello a cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. A alcaldesa, Sandra Insua, anunciou esta medida de urxencia hoxe nunha rolda de prensa. A trinta edición do evento celebrarase no ano 2021.

Ante as indicacións emitidas pola Consellería de Sanidade, recomendando que non se celebre ningún gran evento debido á situación de urxencia xerada pola expansión do Coronavirus, o Concello de Camariñas decidiu cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se ía a celebrar do 8 ao 12 de abril.

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou hoxe a decisión e precisou que “sería unha irresponsabilidade pola nosa parte continuar adiante coa organización dun evento que, como cada ano, congregará a miles de persoas de diferentes procedencias”.

“Hoxe non é un bo día, nunca pensei en verme obrigada como alcaldesa a suspender a Mostra do Encaixe pero o meu corazón non debe antepoñerse á miña cabeza nin á responsabilidade que me transferiron os cidadáns de Camariñas nas pasadas eleccións”, continuou.

A rexedora quixo tamén pedir desculpas ao sector da hostalaría, que se verá claramente afectado por esta decisión, e tamén aos deseñadores, ás delegacións internacionais e aos voluntarios que ano tras ano participan na Mostra do Encaixe.

“Esta era unha edición moi especial para todos, tanto para nós como goberno como para os veciños e veciñas de Camariñas, xa que celebrábamos os trinta anos de vida da Mostra con múltiples novidades como o desfile do ‘ArtEncaixe’, un gran concerto, vídeo mappings… Pero cremos que a seguridade é o primeiro e, visto o contexto de incerteza no que nos atopamos, non a podíamos garantir ao cen por cen”, recalcou.

Ademais, Sandra Insua anunciou que ”a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase no ano 2021 ante a imposibilidade de atopar a estas alturas datas dispoñibles para poder realizar o evento con todas as garantías” e tamén garantiu que “traballaremos conxuntamente entre todos para atopar solucións que mitiguen o impacto que suporá esta triste cancelación”.

Posts relacionados

Andión e ANAMINGO repiten experiencia na XXXIV Mostra do Encaixe 

Andión e ANAMINGO repiten experiencia na...

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volve á Mostra e apostará nesta ocasión por unha colección con…
Ábrese unha ventá ao paraíso de Camariñas no centro de Madrid

Ábrese unha ventá ao paraíso de...

O Concello volveu a contratar insercións publicitarias para promocionar o municipio durante esta semana nas grandes pantallas de Callao e…
A firma Anamingo debutará na  XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

A firma Anamingo debutará na  XXXIII...

A marca, afincada na Coruña, presentará unha colección cápsula denominada ‘Ajuar’, que pon en valor “las raíces de Galicia y…
gl_ESGL_ES