A colección de festa e noiva de Amaya Fernández lucirá na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Será a cuarta participación no desfile de grandes firmas da deseñadora viguesa, que volve a acudir xunto cos tocados de Charo López. Para Amaya Fernández “poder acudir a la Mostra cada año es un orgullo”.

A deseñadora viguesa Amaya Fernández traerá unha colección de festa e noiva para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, sumando así a súa cuarta participación sobre a pasarela do desfile de Grandes Deseñadores.

“Para mi poder acudir a la Mostra cada año es un orgullo, poder poner en valor nuestros materiales e incorporar algo tan característico a nuestras prendas es algo maravilloso”, explica a deseñadora, que confesa que este ano “es una tranquilidad poder normalizar la situación y volver a lo conocido, una alegría”.

Desfile de Amaya Fernández na XXX Mostra

Mostra tras Mostra, as coleccións que presenta Amaya Fernández no desfile de Grandes Deseñadores amosan que é unha apaixoada do encaixe. Considera que “al trabajar con piezas especiales para ceremonias, la aportación del encaje siempre las enriquece”.

Como ven sendo habitual, acude á XXI Mostra do Encaixe de Camariñas xunto cos tocados de Charo López, que tamén participará no desfile de ArtEncaixe.

Entrevista a Amaya Fernández na XXIX Mostra

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES