Camariñas recoñece o papel da muller en todos os eidos da vida a través da Mostra do Encaixe

Desde a organización deste singular evento quérese facer fincapé na relevancia de muller como elemento vertebrador na sociedade camariñá.

Camariñas recoñece o papel da muller en todos os eidos da vida a través da Mostra do Encaixe. Desde a organización deste singular evento quérese facer fincapé na relevancia da muller como elemento vertebrador na sociedade camariñá.

Ademais, destacan o empeño das cincuenta mulleres costureiras de Camariñas que elaboraron material de protección para a veciñanza de xeito totalmente altruiísta; tamén o das mulleres que rexentan unha tenda de Encaixe e apláudense iniciativas como a da compostelá Edith del Valle, quen acaba de lanzar unha liña de mascarillas que levan o nome de mulleres singulares de Camariñas.

‘Desde a Mostra, como mulleres pero tamén como camariñás que somos, parécenos relevante reivindicar a figura da muller a través do Encaixe, polo que supón para o noso municipio, pero en diferentes ámbitos, como no tecido comercial e empresarial ou no deporte’, destaca Dolores Lema, a directora da Mostra.

Por outra banda, a concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo agradecer ‘o que todas elas fixeron e fan por Camariñas, polo Encaixe e, en definitiva, por cada un e unha de nós, por facer o municipio que hoxe somos: un referente Mundial’, declarou a edil.

Desde a organización da Mostra do Encaixe, estanse a preparar novas iniciativas de cara á XXX Edición da Mostra, para poñer en valor o papel da muller camariñá.

Posts relacionados

Edith del Valle “dará rienda suelta a la creatividad para ser yo misma” na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Edith del Valle “dará rienda suelta...

A deseñadora compostelá, agora afincada en Madrid, traerá unha colección na que “el eje principal es la dualidad de mezclar…
Edith del Valle volverá a deixar abraiados aos asistentes á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Edith del Valle volverá a deixar...

A deseñadora compostelá traerá unha colección que “visibiliza y inivita a un diálogo donde nos cuestionemos la necesidad de reescribir…
Camariñas recoñece o papel da muller en todos os eidos da vida a través da Mostra do Encaixe

Camariñas recoñece o papel da muller...

Desde a organización deste singular evento quérese facer fincapé na relevancia de muller como elemento vertebrador na sociedade camariñá.
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.