Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, enxalzou a figura das encaixeiras, ás que cualificou como “a peza máis importante”.

Toda unha vida participando na Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña ten premio. E se non, que llo pregunten a Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e a Carmen Bugallo, que recibiron, esta mañá, o recoñecemento do Concello por ter participado nas 30 edicións do evento.

A entrega dos diplomas e agasallos ás encaixeiras correu a cargo da concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, do concelleiro de Obras, Sergio Caamaño, da concelleira de Igualdade, Begoña Tajes, do edil de Deportes, Fabián Canosa, e da responsable de Comercio, Lara Pasantes. Durante a súa intervención, Liñeiro enxalzou o labor das palilleiras, ás que definiu como “a peza máis importante en todas as edicións da Mostra do Encaixe”. Pola súa banda, as homenaxeadas coincidiron en sinalar a “importancia que o evento, en xeral, e o encaixe, en particular, teñen nas súas vidas.

Actividades da tarde na XXX Mostra

A cuarta xornada da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está cargada de actividade. A pasarela Deputación da Coruña acollerá, ás 17.00 e 18.30 horas, os desfiles de Noveis Deseñadores, que contarán coa presenza do xurado desta edición, composto por varios deseñadores de renome: Dolores Cortés, que actuará como presidenta, Charo Carrillo, Edith del Valle, Claudina Mata, Inés Fernández e Esteban Freiría.

O peche deste luns, 11 de outubro, chegará ás 20.00 horas cun encontro entre grandes e noveis deseñadores.

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.