Camariñas convoca as bases do XXXI concurso de Noveis Deseñadores da XXXIV Mostra do Encaixe

Concurso nóveis deseñadores
Concurso nóveis deseñadores
O prazo para presentar os traballos remata o 2 de decembro de 2024. Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns para as catro mellores coleccións.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

O Concello de Camariñas ven de facer públicas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do XXXI certame de Noveis Deseñadores para a XXXIv Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará entre os días 16 e 20 de abril do ano 2025.

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do encaixe de Camariñas na moda. A principal novidade desta edición é que se concederán, mediante a valoración do xurado oficial, premios ás catro mellores coleccións en lugar de tres, como viña sendo ata o momento. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, o terceiro de 700 euros e o cuarto de 500 euros.

O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, luns 2 de setembro, e remata o 2 de decembro do 2024. Os catro deseños que compoñan a colección teñen que ter aplicado encaixe de Camariñas e non serán aceptados os que presente outro encaixe diferente.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores, entre 18 e 40 anos, con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que sexan alumnas e alumnos que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non os seus estudos rematados; e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño que, aínda sendo profesional no campo da moda, por manter unha relación contractual ou autónoma con algunha empresa do sector, non formen parte do equipo de deseño da mesma. 

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, neste último caso sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños. O tema e a modalidade é libre tanto para moda masculina como feminina. Quedan excluídos os deseños de moda infantil. 

Para a presentación da documentación, poderá facerse na Casa do Concello de Camariñas, praza de Insuela número 57, en horas de oficina, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e por correo postal certificado. 

A concelleira do Encaixe ,Encarna Liñeiro, agarda que “un ano máis, as rapazas e rapaces que participan no concurso continúen mantendo o alto nivel amosado nas anteriores edicións” e anímaos a que “sigan apostando polo encaixe como elemento de vangarda”.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad