As palilleiras de Camariñas deseñan pezas de encaixe para aplicación nas máscaras

Están realizadas polas asociacións Puntillas e Rendas e incorporaranse ao catálogo de encaixe existente. A directora da Mostra, Dolores Lema, explicou que “os deseñadores de moda xa as están solicitando”.

O encaixe é unha tradición que non deixa de adaptarse aos novos tempos e ás necesidades que xorden. Así, as palilleiras de Camariñas están a deseñar pezas de encaixe para a súa aplicación nas máscaras, que actualmente son de uso obrigatorio no espazo público.

Estas pezas de encaixe están realizadas polas asociacións locais Puntillas e Rendas e incorporaranse ao catálogo de encaixe existente. O obxectivo é dobre: por unha banda que os deseñadores de moda poidan usalas nos seus deseños e, pola outra, que as palilleiras creen as súas propias máscaras para poñelas á venda nas súas tendas.

A directora da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, Dolores Lema, explicou que “decidimos dar este paso porque moitos deseñadores de moda xa están solicitando pezas de encaixe adaptadas para poder usalas nas máscaras que están a crear”.

É o caso do deseñador Esteban Freiría coa súa colección Neno, que define así:

“Cuando naces y creces en Galicia tu ADN es diferente. Creces acariciado por las olas del mar, y la hierba de los montes. Todo es color, luz y sobre todo vida. Así es esta colección, un nuevo camino donde quiero recalcar de donde vengo, y cosas que siempre me han llamado la atención. Los collares de la Toja, los campos de margaritas y vinagretas, las playas de Cíes, el olor a mar, el encaje de Camariñas que llevaba en mi traje de gallego, los cruceiros… Creo que la vida no es buscar incansablemente donde quieras llegar, si no que es no olvidarte nunca de donde vienes”.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES