Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu, a gañadora do Concurso de Noveis Deseñadores da XXX Mostra do Encaixe
Anna García Viu, a gañadora do Concurso de Noveis Deseñadores da XXX Mostra do Encaixe
Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar, de Rebeca Mercado Alfaro, quedou en terceiro lugar. O Premio especial do público recaeu nas mans de Candela Rodríguez e Alba Otero con Carrera de indias. Entregaron os premios Sandra Insua, Encarna Liñeiro, Carlos Tavares e Reinaldo Tajes.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A organización da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas deu a coñecer hoxe, martes 12 de outubro, aos gañadores do XXVII concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola alcaldesa, Sandra Insua, recaeu nas mans de Anna García Viu, que conquistou ao xurado coa súa colección The Beautiful Brut.

O director de sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, entregoullle o premio a Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección Déjame Encajar de Rebeca Mercado Alfaro, que recibiu o premio de mans da concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; acadou o terceiro posto. O “Premio especial do público”, entregado polo vicepresidente da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Reinaldo Tajes, foi para Alba Otero con Carrera de Indias.

Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios divididos do seguinte xeito: un primeiro premio de 2.100 euros, un segundo de 1.200 euros, un terceiro de 600 euros, e o “Premio especial do público”, tamén de 600 euros.

Optaron a estes galardóns un total de 24 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. Son 15 escolas de moda as que participaron, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alicante e Madrid.

O xurado estivo composto polas seguintes deseñadoras e deseñadores: Amaya Fernández, Edith del Valle, Claudina Mata, Inés Fernández, Dolores Cortés e Esteban Freiría.

Torneo de Xadrez da Mostra do Encaixe

Nesta xornada de clausura da Mostra do Encaixe celébrese, paralelamente á programación do evento, un torneo de xadrez no que participan un total de 40 persoas e que rematará ao redor das 18:30 horas.

Noticias relacionadas

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad