Andión e ANAMINGO repiten experiencia na XXXIV Mostra do Encaixe 

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volve á Mostra e apostará nesta ocasión por unha colección con “mucho romanticismo”. A firma ANAMINGO, afincada na Coruña, cree que “participar por segunda vez nos permite mostrar la evolución del universo ANAMINGO’.

A pasarela de Grandes Deseñadores da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar coa presenza, por segunda ocasión en ambos casos, das firmas galegas Andión e ANAMINGO. 

Andión, fundada por nai e filla, Carmen Pichel e Carmen Mogo Pichel, volve á Mostra despois da súa estrea hai dous anos da que gardan “un recuerdo muy bonito” e afirman que “es un gustazo repetir, siempre es un reto pero nos encantan los retos”. “En este caso el proceso hace que salgan muchas cosas nuevas, interesantes y bonitas”, indican. 

Nesta ocasión traerán á Mostra unha colección para a que aínda non teñen nome pero “si que diríamos que tiene mucho romanticismo y el resto queremos que sea una sorpresa”. 

Pola súa parte, ANAMINGO, fundada e dirixida por Ana María Vázquez e Francisco Basteiro, repite por segundo ano consecutivo tras debutar na anterior edición da Mostra. “Lo que más recordamos es cómo nos permitió crear un puente entre tradición y vanguardia, fue el escenario perfecto para experimentar con técnicas tradicionales desde una mirada fresca y contemporánea”.

“Participar por segunda vez nos permite mostrar la evolución del universo ANAMINGO. En esta edición presentamos parte de la colección que hemos llevado a la Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid, es una colección que se sumerge en las capas de la memoria que se acumulan en los espacios domésticos, ofreciendo una mirada íntima a la casa como testigo silencioso de las vivencias de aquellos que la habitan en el transcurso del tiempo”, señalan.

Cartel XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas
Cartel XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará con 14 postos de venta  

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará...

O espazo dedicado ao sector alimentario ‘Gourmet entre encaixes’, que se estreou con éxito na última edición da Mostra do…
O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ repite na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ repite...

Volverá a habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.