Ana de las Heras presenta o seu libro ‘Travesías del sentir’ na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

A autora, nada en Madrid e afincada en Oleiros, ofrece neste volume un conxunto de relatos cortos cheos de humor, maxia e transofrmación que narran o cotiá a través dun fío condutor: os faros. O eido literario complementa unha programación variada que encherá de actividades culturais Camariñas durante cinco días.

A sala de desfiles da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu hoxe a segunda das tres presentacións literarias que se celebrarán durante o evento. Ana de las Heras, autora madrileña afincada en Oleiros, foi a protagonista.

Ana de las Heras presentou o seu libro ‘Travesías del sentir’. A escritora ofrece neste volume un conxunto de relatos corto cheos de humor, maxia e transformación que narran o cotiá dun xeito sinxelo grazas a pór o foco nos pequenos detalles que fan grande a vida. Todo a través dun fío condutor: os faros. Nacida en Madrid e afincada en Oleiros, De las Heras é enxeñeira industrial ademais de autora.

A autora indicou que “estoy muy contenta de estar aquí” e explicou que “el libro está dedicado a mi padre, él fue el que me inició en el gusto por los viajes y para mí dedicarle este libro es honrarle”.

Alfonso de Sas

Mañá, sábado 8 de abril, Alfonso de Sas presentará ‘El Cementerio de Los Ingleses’. A partires das 12:00 horas o autor ourensán falará dun libro de ficción que está inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome. Na obra explórase a relación que xorden como consecuencia da traxedia entre os residentes no lugar e os membros do Imperio Británico. De Sas, nado en Ourense, estudou Dereito e traballou en Comercio Internacional antes de decidirse, xa xubilado, a publicar a súa primeira obra.

Estas tres presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.