A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas chega ao centro de Madrid

As pantallas xigantes situadas nas céntricas rúas de Callao e Gran Vía de Madrid estarán presididas polo cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Dentro das accións de difusión previas da XXX Mostra do Encaixe, o Concello de Camariñas decidiu promocionar o evento en pleno corazón de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que do 22 ao 29 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano.

O obxectivo da alcaldesa, Sandra Insua, e do seu equipo de goberno ao materializar esta acción publicitaria era o de continuar espallando a Mostra do Encaixe fora das nosas fronteiras e continuar afianzando este evento como unha das pasarelas de moda de referencia de España durante a Semana Santa.

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.