‘VodaEncaixe’, un espazo para deseñar o teu casamento que se estrea na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Neste recuncho os asistentes poderán atopar, da man de empresas locais e do deseñador Jose Matteôs, todo o que precisan para unha voda. Ademais dos vestidos de noiva do deseñador estarán Alebura (vehículos), Agasalle Encaixe Agasalla Amor (detalles), Diego Alonso Fotógrafo e Floristería Alecrín.

Unha das novidades da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña será a estrea do espazo de ‘VodaEncaixe’, unha zona que se creará no interior do pavillón e onde as parellas que o desexen poderán deseñar integramente o seu casamento sen saír do recinto.

Neste recuncho os asistentes poderán atopar, da man de empresas locais e do deseñador Jose Matteôs, todo o que precisan para organizar unha cerimonia de voda: vestidos de Matteôs Novias, vehículos de Alebura, a Floristería Alecrín que aplica encaixe nos ramos e en detalles de voda, os detalles de Agasalla Encaixe Agasalla Amor e a cobertura fotográfica da man de Diego Alonso Fotógrafo de bodas na Costa da Morte.

Ademais, na parede do stand de ‘VodaEncaixe’ estarán os tocados de voda das coleccións que presentaron o ano pasado no desfile de ‘ArtEncaixe’ as artesáns Charo López Atelier, Janet Schulz, Ana Miguens e Viviana Araújo.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, explica que “serve como promoción do estupendo traballo que fan as empresas locais e tamén aporta un motivo máis para ir en Semana Santa á Mostra a esas parexas que lle están dando voltas á súa voda”.

Posts relacionados

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto. Yolanda Díaz agradeceu o detalle…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
Uxía Loureiro convértese na gañadora do XXIX concurso de Noveis Deseñadores coa colección A Orixe

Uxía Loureiro convértese na gañadora do...

Tecer, de Fabiola Santos Baña, acadou o segundo posto do certame, mentres que F.37, de Sofía Sánchez Rey e Santiago…
gl_ESGL_ES