Carlos Bardullas e Viviana Araujo formarán parte dos artistas participantes na XXX Edición da Mostra do Encaixe

O estilista da Ponte do Porto vén de gañar o Galardón Revelación Nacional na categoría de mellor estilista.

O estilista da Ponte do Porto, Carlos Bardullas, e a creadora de Estilo Aramar, Viviana Araujo na sección ArtEncaixe, formarán parte dos artistas participantes na XXX Edición da Mostra do Encaixe.

Carlos Bardullas, que xa sorprendera ao público asistente na edición de 2019 cos seus peiteados con encaixe, repetirá sendo o actual gañador do Galardón Revelación Nacional na categoría de mellor estilista.

Pola súa banda, Viviana Araujo, acudirá por primeira vez a esta sección novidosa de ArtEncaixe, no que amosará na pasarela camariñana as súas creacións, pezas de vestir e accesorios no que as teas manufacturadas cos bolillos cobrarán vida.

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.