A primeira Mostra do Encaixe virtual da historia consigue unha audiencia de 230.000 usuarios

A primeira Mostra do Encaixe virtual da historia consigue unha audiencia de máis de 230.000 usuario. Foron un total de 175 vídeos os que se subiron desde o mércores ata o domingo. A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, agarda que “este sexa o primeiro paso para, no 2021, facer a mellor edición da Mostra que se recorda”.

Os datos que arroxa a primeira Mostra do Encaixe virtual da historia son espectaculares. Unha audiencia de 237.962 usuarios que visualizaron desde os seus fogares os 175 vídeos que se sucederon desde o mércores ata o domingo no Facebook da Mostra (@mencaixedecamarinas) e na canle de Youtube do evento.

Todos os protagonistas habituais da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña tiveron o seu oco nesta edición virtual. Desde os Grandes Deseñadores ata os concursantes do certame de Jóvenes Deseñadores e pasando polos voluntarios, artistas, Artencaixe, Pequencaixe, xuntanzas palilleiras, delegacións internacionais, institucións, empresas, fotógrafos, medios de comunicación, stands, agrupacións folclóricas, policía local ou o modelo internacional Damián Álvarez, protagonista desta edición. En definitiva, toda a familia que forma parte da Mostra.

Ademais, o sábado pola noite quixeron participar nesta Mostra Virtual as recoñecidas orquestras Panorama e París de Noia, que terían que estar en Camariñas ese mesmo día para montar unha gran festa se todo transcorrese con normalidade.

A clausura do domingo correspondeu á directora da Mostra, Dolores Lema, que destacou no seu discurso que “ser de Camariñas e que non se celebre a Mostra en Semana Santa parece un mal soño”; dun camariñán ilustre como o xornalista Xosé Luis Blanco Campaña que destacou que “xa estamos a esperar a marabillosa Mostra do ano que ven” e, por último, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, expresou o seu desexo de que “este sexa o primeiro paso para, no 2021, facer a mellor edición da Mostra que se recorda” e agradeceu “a todas as persoas que senten a Mostra como algo propio e que tamén participaron nesta iniciativa”.

Posts relacionados

Os Noveis Deseñadores da anterior edición volven na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Os Noveis Deseñadores da anterior edición...

A pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estrea este ano un novo desfile, o ‘ReEncaixando’,…
O deseñador Esteban Freiría será embaixador español nun certame en Manila cunha das pezas presentadas na XXXI Mostra

O deseñador Esteban Freiría será embaixador...

Farao no concurso MDM de Filipinas cun dos traxes de ‘torero’ con detalles picassianos que foi a colección do deseñador…
Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.