A olería de Buño retorna á Mostra do Encaixe con Feituras, O Rulo, Alfarería La Cacharrera e Risco Estudio

Será na pasarela Deputación da Coruña, nos desfiles de ArtEncaixe, onde poidamos ver as creacións que combinan o Encaixe coas pezas de barro.

A olería de Buño retorna á Mostra do Encaixe con Feituras, O Rulo, Alfarería La Cacharrera e Risco Estudio, nunha combinación de pezas de barro e Encaixe de Camariñas que se poderán ver na pasarela Deputación da Coruña, nos desfiles da categoría de ArtEncaixe. 

“Un ano máis estamos encantados de participar na Mostra do Encaixe de Camariñas, na que como sempre digo, se conxugan á perfección dúas artesanías tan diferentes”, comenta María Canedo, de Feituras, quen afirma que “aplicar o Encaixe ás pezas de barro pode ser máis ou menos complexo. Nalgunhas pode resultar sinxelo, pero noutras ten dificultades realizar esta combinación con harmonía e respectando o deseño orixinal.”

Respecto a un pequeno adianto do que levarán os oleiros de Buño a Camariñas, “só podemos adiantar que estamos a realizar pezas exclusivamente para esta triséximo cuarta edición, que se darán a coñecer ao momento no desfile de ArtEncaixe.”

O público que se achegue á XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará no pavillón Victor Vigo do 16 ao 20 de abril, poderá desfrutar destas pezas nos desfiles de ArtEncaixe, que terán lugar na pasarela Deputación da Coruña nos seguintes días e horarios: 

  • Xoves 17 de abril ás 12:45 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B). 
  • Venres 18 de abril ás 12:45 (grupo B) e ás 16:45 horas (grupo A). 
  • Sábado 19 de abril ás 12:30 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).

Posts relacionados

José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

Gubem Event volverá encargarse da pasarela...

A empresa galega, da que está á fronte o vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.