O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

Os 12 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais. Son: Alfarería La Cacharrera, O Rulo, Feituras, Risco Estudio, Encaixa_T, Ene de Toba, Lola Logaro, Mascarada O Cansorriño, Mariví Santos, Zeltia ao Aire, Ana Trasariz e Estilo Aramar.

O desfile de ArtEncaixe da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se estreou no ano 2021, continúa medrando a pasos axigantados e cada ano son máis variadas as propostas traen os artesáns, chegados de toda Galicia. 

Este ano son 12 os e as artesáns chegados de toda Galicia que demostran que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais como complemento de moda. 

Forman o desfile: Alfarería La Cacharrera (olería de Buño), Lola Logaro (artesana textil), O Rulo (olería de buño), Encaixa_T (artesana textil local), Estilo Aramar (artesana textil), Mariví Santos Atelier (palilleira), Risco Estudio (olería de Buño), Tendataller Feituras – María Canedo (olería de Buño), Ene de Toba (artesana textil local), Mascarada O Cansorriño (comparsa local), Zeltia ao Aire (bordado ao aire) e Ana Trasariz (bolsos de pasarela).

Posts relacionados

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

O encaixe do mundo volta á...

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.
Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.