A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a piques de comezar. O evento, que se celebrará do mércores 1 ao domingo 5 de abril, co lema ‘Onde o fío se converte en arte’ busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
A apertura da trixésimo quinta edición da Mostra terá lugar o mércores 1 de abril ás 15 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.
Unha das principais novidades desta edición é a celebración dun pleno extraordinario da corporación municipal no propio recinto da Mostra. Será o mércores 1 de abril ás 15:30 horas, antes da inauguración oficial, e servirá para ratificar o cambio de nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.
O acto de inauguración coas autoridades será ás 16:30 horas. Logo, a partir das 18 horas, comezarán os primeiros desfiles: os máis pequenos do ‘PequEncaixe’ serán os encargados de pisar por primeira vez a pasarela e seguidamente os Grandes Deseñadores. Entre medias, amenizará a pasarela unha actuación de Luar na Lubre.
Durante os cinco días as firmas da categoría de ‘Grandes Deseñadores’, subiranse ás pasarelas da Mostra para amosar as súas creacións con encaixe: Ana Cabranes, Claudina Mata, Devota&Lomba, Innamoretto, José Perea, Andion Clothing, Dolores Cortés, El Pulpo, José Matteos, ôse Couture, Xoaquín Ruíz e Ondas do Mar.
O desfile de ‘ArtEncaixe’, que sigue afianzándose na programación, estrearase o xoves, 2 de abril, a partir das 12:45 horas. Os artesáns chegarán de diferentes puntos de Galicia para demostrar que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais: Estilo Aramar, Mariví Santos, O Rulo, Risco Estudio, Encaixa_T, Mascarada O Cansorriño, Ana Trasariz, Alfarería La Cacharrera, Lola Logaro, Tendataller Feituras – María Canedo, Zeltia ao Aire, Ene de Toba.
Ese mesmo xoves, 2 de abril, tamén debutarán as persoas participantes no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 34 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. O venres 3 ás 20:40 horas celebrarase o encontro entre grandes e noveis deseñadores e o domingo 5, a partir das 16:30, horas darase a coñecer o fallo do xurado.
Outra das novidades desta edición será o espectáculo de costura en directo co deseñador andaluz José Perea. Poderá verse o xoves, 2 de abril, a partir das 12:45 horas no bloque de desfiles da mañá e o mediático José Perea, que participa por primeira vez na pasarela de Grandes Deseñadores, amosará a súa técnica para confeccionar traxes en directo en tempo récord.
Outro ano máis volverán á Mostra as delegacións internacionais. O xoves 2 ás 18:00 horas terá lugar o primeiro desfile das ‘Delegacións de encaixeiras internacionais’. Repetirán o venres 3 ás 16:45 horas e o sábado 4 ás 18:00 horas. Participan: Argentina (Cordoba e Buenos Aires), Bulgaria (Sofia), Eslovaquia (Krakovany), España (Arenis del Mar), Italia (Novedrate), Polonia (Bobowa), Portugal (Peniche e Serra D’El Rei).
Un dos momentos máis agardados da Mostra son os desfiles do ‘Pequeencaixe’. As nenas e nenos das Escolas Municipais crean o seu propio encaixe durante todo o curso para posteriormente deseñar os vestidos e desfilar na Mostra. Convértense en palilleiras, deseñadores e modelos. Serán o mércores 1 ás 18 horas, o xoves 2 ás 12:45 horas, o sábado 4 ás 12:30 horas e o domingo 5 no acto de clausura a partir das 19 horas.
O mesmo ocorre no desfile de ‘Encaixeiras Senior de Camariñas’ que terá lugar o domingo 20 ás 19:00 horas durante o acto de clausura do evento e no que veciñas e veciños do municipio amosan ao público as creacións que fixeron durante todo o ano.
Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastián Allones Dans, Marta Doviro, Carmen Méndez, Ledicia Sola e outras accións destacadas da programación
Este ano os asistentes poderán gozar da música de Luar na Lubre (o mércores 1 ás 18:00 horas horas durante o desfile inaugural da Mostra); do concerto do mozo de Camelle, Sebastián Allones Dans, gañador do concurso de talentos ‘Da rúa á lúa’ do programa da TVG ‘Quen anda aí’ (o sábado 4 ás 12:30 horas) ou da actuación de ‘Fíos de Salitre’ de Mascarada O Cansorriño (domingo 5 ás 19 horas). O concerto de clausura da Mostra (domingo 5 ás 19:30 horas) correrá a cargo de Antía Muíño.
Ademais, continuando coa tradición dos últimos anos, poderán rirse a esgalla con Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola e o seu monólogo ‘Sen Restricións’ que terá lugar o sábado, 4 de abril, ás 20:30 horas na propia pasarela. O xoves 2 de abril, ás 20:30 horas haberá unha representación teatral a cargo da compañía Aantena titulada ‘Fíos da Memoria’. Ademais o venres, 3 de abril, ás 20:30 horas, a compañía, as risas están garantidas co monólogo da compañía de Camelle ‘Mortos de risa’.
Durante os cinco días escoitarase nos pavillóns da Mostra, mesturado co son dos palillos, o folclore das agrupacións Abrindo Rejo, Golpe de Mar, Con toda en banda, Vaiche Boa, Asociación Mar Devalado de Camelle e Asociación As Cansorriñas. Tamén o IX Encontro de Corais no que participarán a Coral Polifónica San Roque de Vigo, a Coral San Salvador de Pazos de Ponteceso e a Coral Brisas do Mar de Camariñas (domingo 20 ás 12:15 horas).
Aproveitarase o evento para a presentación de libros e publicacións como ‘Punto de araña’ de Nerea Pallares (xoves 2 ás 12 horas); ‘A princesa dourada’ de Anxo Mouzo (xoves 2 ás 12:20 horas); ‘Ángeles acusadores’ de Diego Garrote (venres 3 ás 12:00 horas); ‘Ardentía 1854’ de María D.López-Menéndez Sánchez (venres 3 ás 12:20 horas); ‘1898 – El padre ausente’, a última parte da triloxía de ‘El Cementerio de los Ingleses’ de Alfonso de Sas (sábado 4 ás 11:40 horas); e a presentación de ‘A Costa da Morte, naturalmente única’ de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández que correrá a cargo de Pepe Formoso (sábado 4 ás 12:00 horas).
O acto de clausura da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas terá lugar o domingo 5 de abril ás 19:00 horas.
‘Gourmet entre encaixes’
O Concello repetirá este ano na XXXV Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña o ‘Gourmet entre encaixes’, un espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar postos de venta ao público.
Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e cadeiras para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque.
Durante toda a Mostra tamén haberá degustacións gastronómicas de polvo, a cargo de Frigoríficos de Camariñas (o venres 3 de abril ás 19:30 horas) e de rodaballo, a cargo de Stolt Sea Farm (o sábado 4 de abril ás 14 horas).
Tamén haberá demostracións artesanais e os pais e as nais poderán deixar aos máis pequenos no Parque Infantil con monitores cualificados.


