A Mostra do Encaixe consolida a súa oferta cultural con seis presentacións literarias

Nerea Pallares, Anxo Mouzo, Diego Garrote, María D. López-Menéndez Sánchez, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández exporán ao público as súas derradeiras obras literarias. 

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa ampliando a súa oferta cultural. Nesta XXXV edición contará con seis presentacións literarias no seu recinto feiral.

Trátase das publicacións de Nerea Pallares, Anxo Mouzo, Diego Garrote, María D. López-Menéndez Sánchez, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández.

A primeira destas presentacións será o xoves 2 de abril, ás 12:00 horas, coa obra ‘Punto de araña’ da autora Nerea Pallares. Ese mesmo día, ás 12:20 horas, será a quenda de Anxo Mouzo, que presentará o seu libro ‘A princesa dourada’.

A programación literaria continuará o venres 3 de abril ás 12:00 horas coa presentación de ‘Ángeles acusadores’ a cargo do seu autor, Diego Garrote. A continuación, ás 12:20 horas, María D. López-Menéndez Sánchez dará a coñecer a súa obra ‘Ardentía 1854’.
O sábado 4 de abril o recinto acollerá dúas novas citas. Ás 11:40 horas, Alfonso de Sas presentará ‘1898 – El padre ausente’, a última parte da triloxía de ‘El Cementerio de los Ingleses’. Por último, ese mesmo sábado ás 12:00 horas, presentarase ‘A Costa da Morte, naturalmente única’ de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández, un acto que correrá a cargo de Pepe Formoso.

Posts relacionados

A nova web da Mostra do Encaixe estará traducida a cinco idiomas

A nova web da Mostra do...

Ademais do galego actual incorporaranse o castelán, inglés, italiano e portugués. Estes dous últimos idiomas en homenaxe aos nosos pobos…
Benvidos á web da Mostra do Encaixe

Benvidos á web da Mostra do...

A web da Mostra do Encaixe renóvase completamente cun deseño moderno e atractivo para adaptarse aos novos tempos. Todo o…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.