Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns para as catro mellores coleccións.

O Concello de Camariñas ven de facer públicas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do XXXII certame de Noveis Deseñadores para a XXXV Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará entre os días 1 e 5 de abril do ano 2026.

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do encaixe de Camariñas na moda. Por segundo ano consecutivo, concederanse premios ás catro mellores coleccións. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, o terceiro de 700 euros e o cuarto de 500 euros.

O prazo para presentar os traballos xa está aberto e e remata o 1 de decembro do 2025. Os catro deseños que compoñan a colección teñen que ter aplicado encaixe de Camariñas e non serán aceptados os que presente outro encaixe diferente.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores, entre 18 e 40 anos, con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que sexan alumnas e alumnos que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non os seus estudos rematados; e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño que, aínda sendo profesional no campo da moda, por manter unha relación contractual ou autónoma con algunha empresa do sector, non formen parte do equipo de deseño da mesma. 

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, neste último caso sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños. O tema e a modalidade é libre tanto para moda masculina como feminina. Quedan excluídos os deseños de moda infantil. 

Para a presentación da documentación, poderá facerse na Casa do Concello de Camariñas, praza de Insuela número 57, en horas de oficina, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e por correo postal certificado. 

Bases en https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/09/09/2025_0000005791.pdf

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.