O encaixe de Camariñas atrae as miradas de coruñeses e coruñesas na previa da Mostra

Realizouse un desfile na praza de María Pita no que se amosaron coleccións dos deseñadores Esteban Freiría, Jose Matteos, Joaquín Ruíz, Anamingo, Andion Clothing e Ana Cabranes. 

As miles de persoas que pasaron esta tarde pola céntrica praza de María Pita, na Coruña, puideron desfrutar dun desfile-exhibición que sirve como antesala á XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e apreciar así o ben que funciona a fusión do encaixe de Camariñas coa moda contemporánea.

No desfile exhibíronse diferentes coleccións co encaixe aplicado de deseñadores como Esteban Freiría Jose Matteos, Joaquín Ruíz, Anamingo, Andion Clothing e Ana Cabranes. Dez modelos luciron as súas creacións.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, estiveron presentes neste desfile-exhibición.

Posts relacionados

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

O encaixe do mundo volta á...

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.
Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.