A XXXIV Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado desta cita

A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado desta cita. As persoas interesadas en formar parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo electrónico ao enderezo dolores.lema@camarinas.net.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano se celebrará do 16 ao 20 de abril de 2025, sempre en Semana Santa.  

A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña o relevante papel das voluntarias e voluntarios, “alma da nosa Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, imprescindibles cada ano non só para que todo saia a pedir de boca, senón tamén para crear un espírito de grupo imposible sen eles e elas; témoslles moito que agradecer”. 

Spot da XXXIV Mostra do Encaixe

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Andión e ANAMINGO repiten experiencia na XXXIV Mostra do Encaixe 

Andión e ANAMINGO repiten experiencia na...

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volve á Mostra e apostará nesta ocasión por unha colección con…
gl_ESGL_ES